martes, 12 de junio de 2018

MÚSICA SEN VIOLENCIA

QUEREMOS UNHA MÚSICA SEN VIOLENCIA, UNHA MÚSICA POLA IGUALDADE, POLA LIBERDADE E O RESPETO





porque son moitas as cancións machistas que as nosas mozas e mozos escoitan.
Cancións que afondan na desigualdade, no desprezo..
que tratan á muller coma un obxecto, coma algo co que se pode mercadear.

Non se pode permitir que estas mensaxes vergoñentas se difundan…
As alumnas e alumnos de 2º e 3º da ESO e de Bacharelato analizaron cancións de distintas épocas e
estilos, nas que nos amosan que a música, desafortunadamente, tamén transmite violencia cara as mulleres..







CAMBIA DE LETRA¡¡¡¡¡




jueves, 7 de junio de 2018

miércoles, 6 de junio de 2018

CAMBIA DE LETRA, O MACHISMO DESENTOA



A AULA DE MÚSICA TE CONVIDA Á SÚA EXPOSICIÓN
SEGUE ÁS NOTAS...
     



Carteis realizados polo alumnado de 2º, 3º ESO e 1º de Bach sobre as letras das cancións














Dale con el látigo















Eres mía












Te compro tu novia
                          Exposición conxunta no hall do centro educativo


martes, 5 de junio de 2018

MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


NO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO celebrado ó  25 de novembro,
as alumnas, alumnos e profesores do Ies Gregorio Fernández uniron as súas voces
para cantar SALIR CORRIENDO, de Amaral, un canto de esperanza que nos invita
a non aguantar o maltrato, o desprezo e a indiferencia.

Tamén se leron varios poemas e manifestos reivindicando que se paren dunha vez
por todas as agresións e abusos que se seguen a suceder en todo mundo contra as
mulleres. 



SALIR CORRIENDO, AMARAL

Nadie puede guardar toda el agua del mar en un vaso de cristal.
¿Cuántas gotas tienes que dejar caer hasta ver la marea crecer?
¿Cuántas veces te ha hecho sonreír?
Esta no es manera de vivir.
¿Cuántas lágrimas puedes guardar en tu vaso de cristal?
Si tienes miedo, si estás sufriendo, tienes que gritar y salir, salir corriendo.
¿Cuántos golpes dan las olas a lo largo de un día en las rocas?
¿Cuántos peces tienes que pescar para hacer un desierto en el fondo del mar?
¿Cuántas veces te ha hecho callar?
¿Cuánto tiempo crees que aguantarás?
¿Cuántas lágrimas vas a guardar en tu vaso de cristal?






jueves, 8 de mayo de 2014

   Actividade A

   Os alumnos de 3º e 4º de ESO están a practicar dende comezos de curso a coreografía de "Cups" con vasos de plástico. Conste que os de Máster Chef Junior o fixeron despóis ca nós. A idea é cambiar a letra da canción orixinal e crear unha sobre o río Sarria.
  Velaiquí unha fotiños:




















virginia rodriguez's Slidely by Slidely Slideshow

  • DENDE ESTE ENLACE PODES AXUDARNOS A ELABORAR A LETRA DA CANCIÓN. 

   Actividade B

  Todos os grupos recitaron poemas de varios autores que falan dos ríos.





    Empezamos as primeiras probas de edición de son: poemas e música. Mais adiante engadiremos imaxes. Se queredes escoitar o primeiro resultado pinchade aquí. O fixeron os alumos de 4º de PDC e recitaron dous poemas de Fiz Vergara.
   O alumnado de 3º declamou un romance de Fiz Vergara, podedes escoitalo aquí. E aquí se queredes ver o que fan as prisas ;) Aproveitando que o día das letras galegas adicarase no 2014 ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, recitaron o seu poema Vísperas. Podedes ler algo sobre él aquí. Se queredes escoitar ós alumnos neste enlace ou neste outro no que lle puxeron unha base musical. 
   Os rapaces e rapazas de 4º probaron cun poema de Manuel Maríaproba 1proba 2.

   Escoitade tamén o texto dos de 2º de ESORosalía e de novo un de Xosé María Díaz CastroNimbos.













 
   Podemos ver algúns dos vídeos feitos polo alumnado de 4º. 


















   Actividade C    

     Con todo o alumnado da ESO fixemos un listado das pezas musicais que falaban dos ríos e; con todas as que nos foron xurdindo, creamos a pestana Sons do blogue que podedes ver aquí. Tamén incluímos sons, paisaxes sonoras e loops sobre ríos, fervenzas, arroios, paxaros, molinos e natureza






       Neste apartado aproveitamos para ensinarlles ferramentas para engadir ao blogue como: imagechef (clave de sol con palabras clave); iconscrabble (título de audiovisuais) e pagepluggins (animación flash: os alumnos elixen).

           Podemos ver o seguimento da actividade aquí

  Actividade D     

   Co alumnado de 2º de ESO fixemos un conto colaborativo mediante a ferramenta: 

QikPad

   Resultou moi divertido ver como a historia ía tranformándose e creándose a mans dos rapaces dende as súas casas. Podedes ver a entrada do blogue dende a que traballamos aquí.
   O resultado foi éste.

Actividade E    

   Con todo alumnado da ESO fixemos a nosa rede de imaxes a través da ferramenta PINTEREST.
A entrada é aquí. Clasificamos as imaxes en distintos taboleiros: ríos e cascadas de España, ríos e fervenzas galegos, do mundo, río Sarria, a arquitectura ao carón dos ríos, carteis indicadores, a literatura dos ríos e Prensa e escritos sobre os ríos. 
   A rede estivo aberta dende que se creou; e os alumnos, como deberes, foron completando os taboleiros.


Actividade F    

    Durante o curso os alumnos da ESO tiveron que facer como deberes, diversas actividades online propostas e feitas dende o departamento de música:

  • Un xogo de Palabras Encadeadas que podemos ver aquí.  
  • Varias Sopas de Ríos: 1, 2.

  • Poñer nomes de Películas con títulos que leven a palabra río, cuxo título sea mesmo o nome dun río, ou a súa historia percorra en torno a él. Resultados aquí.






  • Empregar o taboleiro virtual aberto para colgar noticias, fotos, imaxes,... e estar ao día das novidades.







Actividade G     





    Actividade I

       Visionado do documental "Un ano no río Gafos" no que, a través da conversa entre un avó e o seu neto, cóntanos a evolución deste río pontevedrés durante as catro estacións. Eleximos este audiovisual xa que é o traballo colaborativo dun querido ex-alumno do noso centro: Pablo Gabriel Peccatiello Rey. Estupendo en formas, actores, diálogos... cheo de tenrura e concienciación polo medio ambente e pola saúde dos nosos ríos.