Actividade A
Os alumnos de 3º e 4º de ESO están a practicar dende comezos de curso a coreografía de "Cups" con vasos de plástico. Conste que os de Máster Chef Junior o fixeron despóis ca nós. A idea é cambiar a letra da canción orixinal e crear unha sobre o río Sarria.
Velaiquí unha fotiños:
virginia rodriguez's Slidely by Slidely Slideshow
- DENDE ESTE ENLACE PODES AXUDARNOS A ELABORAR A LETRA DA CANCIÓN.
Actividade B
Todos os grupos recitaron poemas de varios autores que falan dos ríos.
Empezamos as primeiras probas de edición de son: poemas e música. Mais adiante engadiremos imaxes. Se queredes escoitar o primeiro resultado pinchade aquí. O fixeron os alumos de 4º de PDC e recitaron dous poemas de Fiz Vergara.
O alumnado de 3º declamou un romance de Fiz Vergara, podedes escoitalo aquí. E aquí se queredes ver o que fan as prisas ;) Aproveitando que o día das letras galegas adicarase no 2014 ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, recitaron o seu poema Vísperas. Podedes ler algo sobre él aquí. Se queredes escoitar ós alumnos neste enlace ou neste outro no que lle puxeron unha base musical.
Podemos ver algúns dos vídeos feitos polo alumnado de 4º.
Con todo o alumnado da ESO fixemos un listado das pezas musicais que falaban dos ríos e; con todas as que nos foron xurdindo, creamos a pestana Sons do blogue que podedes ver aquí. Tamén incluímos sons, paisaxes sonoras e loops sobre ríos, fervenzas, arroios, paxaros, molinos e natureza.
Neste apartado aproveitamos para ensinarlles ferramentas para engadir ao blogue como: imagechef (clave de sol con palabras clave); iconscrabble (título de audiovisuais) e pagepluggins (animación flash: os alumnos elixen).
Podemos ver o seguimento da actividade aquí.
Co alumnado de 2º de ESO fixemos un conto colaborativo mediante a ferramenta:
QikPad
Resultou moi divertido ver como a historia ía tranformándose e creándose a mans dos rapaces dende as súas casas. Podedes ver a entrada do blogue dende a que traballamos aquí.
O resultado foi éste.
Con todo alumnado da ESO fixemos a nosa rede de imaxes a través da ferramenta PINTEREST.
A entrada é aquí. Clasificamos as imaxes en distintos taboleiros: ríos e cascadas de España, ríos e fervenzas galegos, do mundo, río Sarria, a arquitectura ao carón dos ríos, carteis indicadores, a literatura dos ríos e Prensa e escritos sobre os ríos.
A rede estivo aberta dende que se creou; e os alumnos, como deberes, foron completando os taboleiros.
Durante o curso os alumnos da ESO tiveron que facer como deberes, diversas actividades online propostas e feitas dende o departamento de música:
- Varios Pasapalabras Fluviais: Ríos do mundo; Fluvial.
- Un xogo de Palabras Encadeadas que podemos ver aquí.
- Poñer nomes de Películas con títulos que leven a palabra río, cuxo título sea mesmo o nome dun río, ou a súa historia percorra en torno a él. Resultados aquí.
- Nomes de Libros en torno ós ríos. Resultados.
- Traballos de investigación e pesquisa que teñen que resolver: Cazadatos (APOI), Marketing, A auga que baña os mosteiros, A auga que baña os mosteiros 2, A auga que baña os mosteiros 3, A arquitectura a carón dos ríos, Paseos, Seguimos coñecendo os arredores, A foto trucada, Onde estiven?, A industria nos ríos, Fervenzas, Repasa os ríos, Pensa en Xentilicios, Nós tamén temos ínsuas, ou qué?, Percorrido Polo Sil, No caneiro de..., Unha casa na fervenza, Os ríos tamén se pintan, Partes dun río, De ruta, Imos de excursión, Unha ponte inglesa, Ríos de solidaridade, Caudal poético, Roteiro literario, Catástrofes que cruzan ríos, Quen é quen, Pío, pío, quen foi?, Olería, A importancia de chamarse Sarria, Ciber Viaxe, Problema de lóxica: reforma na casa, Emoticonos, Caza na biblio, Ás beiriñas dos nosos ríos, "Cro cro cantaba la rana", Consellos para aforrar auga e enerxía.
- Empregar o taboleiro virtual aberto para colgar noticias, fotos, imaxes,... e estar ao día das novidades.
- Participar nos xogos creados polo Departamento de Música e colgados na pestana Xogos do blogue: Emparellados (serie de preguntas e repostas relacionadas co río Sarria e tedes que emparellalas), De ruta pola Vila (Relaciona cada imaxe cos seus datos. 4 páxinas), Ríos na música, A Comarca Sarriá.
- Seguimento e transmisión do problema actual do encauzamento do río Sarria mediante a recolección e publicación de noticias dende principios de curso ata o mes de marzo e das actividades desenvolvidas pola Plataforma Sarriana en defensa do río: Iniciativas en defensa do Río Sarria, Concurso de fotografía e debuxos, Muro de son, Reunión informativa da Plataforma Sarriana polo río, Avisos da Plataforma Sarriana polo río, Concentración domingo 23 febreiro, A Plataforma Sarriá en medios audiovisuais, Non os moverán!, La Rama de Oro e outras páxinas sobre o que acontece en Sarria, Nova quedada da Plataforma, Lectura amena: Informe de viabilidad do Proxecto, Programa de televisión sobre A Plataforma Sarriana Polo Río, Medios informativos audiovisuais seguen en Sarria, ver imaxes dos xornais, carteis e escritos no Pinterest e no taboleiro virtual do blogue, pestana Prensa do blogue.
- Seguimento e transmisión de actividades feitas dende a Biblioteca do IES referentes ós ríos e o río Sarria: Amorciño polos libros, amorciños polos ríos; murais de 1º Proxecto Interdisciplinar.
- Promoción da lectura e da información mediante diversas publicacións e audiovisuais: A vila de Sarria, A saúde dos ríos galegos, Día mundial da auga e da enerxía, Andrew Huang: tema con base de auga, A hora do planeta,
Actividade I
Visionado do documental "Un ano no río Gafos" no que, a través da conversa entre un avó e o seu neto, cóntanos a evolución deste río pontevedrés durante as catro estacións. Eleximos este audiovisual xa que é o traballo colaborativo dun querido ex-alumno do noso centro: Pablo Gabriel Peccatiello Rey. Estupendo en formas, actores, diálogos... cheo de tenrura e concienciación polo medio ambente e pola saúde dos nosos ríos.
















No hay comentarios:
Publicar un comentario